Festicultores Troupe

Galego

Unha banda con 15 anos de historia e máis de 800 actuacións por varios países coma Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España, e cunha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa máis vigorosa alá onde vai a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Compartiron varias veces escenario con artistas coma Manu Chao Radio Bemba Sound System onde foron convidados a participar no evento Baionarena no ano 2008.

Con Emir Kusturica & the no Smoking Orchestra  onde ademais de telonear en varias ocasións, foron contratados para o Festival Kusstendorf en Serbia organizado polo mítico director de cine. Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Dubioza Kolektive, Muchachito, Macaco, foron outros grupos cos que tiveron a oportunidade de compartir festa.

Todo comeza cando unha noite de lúa chea Emilio Oro sofre unha transformación xenética e cerebral que o levou a converterse na Kabra Macabra. Logo de meses de andaina co seu carriño de música itinerante e moita vida social decide recrutar tropa para revolucionar o mundo dos pasarrúas en Galicia. A primeira formación do grupo quedou así integrada por Yuri Brinkas (cantante), Xiñor Tonichi (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) e Emilio Oro (teclado), aos que logo se une Miguel Rumbao (baixo).

A formación estréase no Corpus de Ourense nunha noite regada con viño, na que se ven na obriga de repetir o repertorio tres veces. Comeza así a tocar nunha morea de festas e festivais e artella o seu primeiro show: Rumaníacos, a cerimonia do cultivo da sagrada semente da festicultura que fai abrollar o espírito festeiro polo mundo adiante. Logo veu o espectáculo As Kabras Chouteiras, que mestura sketch, música e humor .

 

Con E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas)  co que  gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de bandas de rúa en Amorebieta.

 

Do ano 2011-2014 presentaron nova formación e novo espectáculo Os Sadomusiquistas un espectáculo dolorosamente pracenteiro onde practicaban o Sadomusiquismo (a forma de obtención do pracer a través de facer o ridículo en público). Gustavo Agasi "O pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "O Tortas", Nico "O Cachetitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "O Traidor" e Emilio Oro "O Mamado Líder", foron os coelliños de indias para este experimento sadocultural.

Do 2015 o 2019 presentan o Festicidio Colectivo unha festa apoteótica, épica e frenética, extravertida e moi divertida, onde a interacción co público é fundamental para vivir uns momentos inesquecibles.

O 2020 será o ano do seu 15º aniversario:

Para este gran acontecemento mundial estanse a preparar física e mentalmente, coma nunca antes o realizaran. Levando o seu corpo, mente, e fígado a límites nunca antes explorados por un ser humano.

 

Durmindo en camas hipobáricas, depuracións de fígado e riles, tratamentos detox , exfoliacións e tratamento capilar son algúns dos adestramentos extremos para poder afrontar un ano cheo de celebracións.

   

Os Festicultores foron elexidos e abducidos polos Alieníxenas , no Festíbulo de Conxo, ós que entregaron os planos e a tecnoloxía necesaria para fabricar un vehículo de festa masiva para inundar o mundo dun espírito festeiro continuo.

Co seu FestiBarreiros, percorrerán o universo, e sementarán de ledicia, ilusión e esperanza as almas errantes de viño de Barrantes e as de auga mineral con gas.

 

O comezo de década tamén será a época onde editarán novos hits nos que haberá colaboracións, de artistas amigxs cos que compartiron moitas vivencias polo mundo adiante.

Español

Una banda con más de 14 años de historia y más de 600 actuaciones en varios países como Portugal, Francia, Serbia,Polonia,España y una habilidad irrebatible: la de cultivar la fiesta más vigorosa allá donde va a base de música, humor, baile y desinhibición cerebral.

Compartieron varias veces escenario con artistas como Manu Chao Radio Bemba Sound System donde fueron invitados a participar en el evento Baionarena en año 2008.

Con Emir Kusturica & the no Smoking Orchestra  donde además de telonear en varias ocasiones, fueron contratados para el Festival Kusstendorf en Serbia organizado por el mítico director de cine. Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Dubioza Kolektive, Muchachito, Macaco ,han sido otros grupos con los que han tenido la oportunidad de compartir fiesta.

Todo empienza cuando una noche de luna llena Emilio Oro sufre una transformación genética y cerebral que lo lleva a convertirse en la Kabra Macabra. Después de meses de andadura con su carrito de música itinerante y mucha vida social decide reclutar tropa para revolucionar el mundo de los pasacalles en Galicia. La primeira formación del grupo quedó así integrada por Yuri Brinkas  (cantante), Xiñor Tonichi   (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) y Emilio Oro (teclado), a los que después se unió Miguel Rumbao (baixo).

​La formación se estrena en el Corpus de Ourense en una noche regada con vino, en la que se ve en el deber de repetir el repertorio tres veces. Comienza así a tocar en un montón de fiestas y festivales y monta su primer show: Rumaníacos, la ceremonia del cultivo de la sagrada semilla de la festicultura que hace brotar el espíritu festivo por todo el mundo. Después vendría el espectáculo As Kabras Chouteiras, que mezcla sketch, música y humor.

 

Con E.G.F.A. (Ejército Guerrillero de las Fiestas Armadas)  con el que  ganaron el Premio del Público en el Festival Internacional Haizetara de bandas de calle en Amorebieta.

Del año 2011-2014 presentaron nueva formación y nuevo espectáculo  "Los Sadomusiquistas" un espectáculo dolorosamente placentero donde practicaban el "Sadomusiquismo"(la forma de obtencion del placer a través de hacer el ridículo en público).

Gustavo Agasi "el pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "el Tortas", Nico "el Cachetitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "el Traidor" y Emilio Oro "El Mamado Líder", fueron los irresponsables conejitos de indias para este experimento sadocultural.

Del 2015 al 2019 presentan el "Festicidio Colectivo"  una Fiesta apoteósica , épica y frenética,extrovertida y muy divertida, donde la interacción con el público es fundamental para vivir unos momentos inolvidables.

    El 2020 será el año de su 15º aniversario .

   Para este gran acontecemiento “mundial” se están  prepararando física y mentalmente, como nunca antes lo realizaran. Llevando  su cuerpo ,mente, e hígado a límites nunca antes explorados por un ser humano.

   Durmiendo en camas hipobáricas, depuración de hígado y riñones, tratamientos detox , esfoliaciones y tratamiento capilar son algunos de los entrenamientos extremos para poder afrontar un año lleno de celebraciones.

   

     Los Festicultores fueron elegidos y abducidos por los Alienígenas , el el Festíbulo de Conxo, a los que entregaron los planos y la tecnología necesaria para fabricar un vehículo de fiesta masiva para inundar el universo de un espírito fiestero contínuo.

      Con su FestiBarreiros, rercorrerán el universo , y sementarán de lalegría, ilusión y esperanza a las almas errantes de vino de Barrantes e las de agua mineral con gas.

 

    El comienzo de década también será la época donde editarán nuevos hits en los que habrá colaboraciones, de artistas amig@s cos que compartieron muchass vivencias por el mundo adelante.

​Copyright 2022, DANGEROUS GEE